Manual do profesorado galego

117 Posúo a titulación de grao en Educación Primaria pola Universidade de Vigo e obtiven posteriormente a mención de Educación Especial na mesma universidade. Como podo acreditalo? Deberá acreditalo co título de grao onde conste a mención obtida. Tamén se poderá acreditar coa certificación supletoria provisional do título. Quero obter o recoñecemento da especialidade de Lingua Estranxeira. Que documen- tación debo achegar? No suposto de ter a especialidade ou mención no seu título, pero non consta a lingua cursada neste deberá achegar a certificación académica da universidade para verifi- car a lingua estranxeira cursada na súa titulación. Teño o máster en Psicopedagoxía. Podo obter o recoñecemento da especialidade de Pedagoxía Terapéutica? Non, o anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, establece unicamente a licenciatura en Psicopedagoxía. Teño o título de grao en Educación Infantil coa mención de Lingua Estranxeira: Inglés. Podo obter o recoñecemento de Lingua Estranxeira: Inglés? Non, o anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, establece unicamente que poderán obter este recoñecemento as persoas que posúan a titulación de grao en Educación Primaria. Pode unha persoa coa titulación de grao en Educación infantil con algunha mención obter o recoñecemento por titulación dalgunha especialidade de primaria? Non, o anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, establece unicamente que poderán obter o recoñecemento das especialidades de primaria por titulación as persoas que posúan a titulación de grao en Educación Primaria. Preciso obter algún recoñecemento para impartir en bilingüismo? Non, soamente deberá posuír algunha das titulacións ou ensinanzas que se relacio- nan segundo o idioma na Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=