Manual do profesorado galego

116 RECOÑECEMENTO DE ESPECIALIDADES DO PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA DO CORPO DE MESTRES. PROCEDEMENTO CÓDIGO ED020A Son persoal funcionario en prácticas. Podo solicitar o recoñecemento de especialidades? Non, soamente pode solicitar o recoñecemento o persoal funcionario de carreira. Que é preciso para o recoñecemento? Posuír algunha das titulacións ou requisitos que figuran no anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de mestres que desempeñen as súas funcións nas etapas de educación infantil e de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. É obrigatorio presentar a solicitude electronicamente? Si, o artigo 3 da Orde do 23 de xuño de 2020 establece que se presentarán obrigatoria- mente por medios electrónicos mediante o procedemento normalizado código ED020A. Teño que presentar algunha documentación? Non se xa consta no seu expediente persoal a titulación ou os requisitos esixidos. En caso contrario, deberá achegar a documentación necesaria para o recoñecemento. Cal é o prazo de presentación de solicitudes? Durante os meses de xuño e setembro. Teño que solicitar o recoñecemento da especialidade de Primaria? Non, a especialidade de Educación Primaria seralle recoñecida de oficio pola Adminis- tración educativa ao persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que posúa algunha das titulacións que para esta especialidade se determinan no anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro. Posúo a titulación de grao en Educación Primaria pola Universidade de Vigo e obtiven a mención de Educación Especial nunha universidade distinta. Como podo acreditalo? Neste caso será preciso que se acredite coa titulación de grao e a certificación aca- démica da universidade na que obtivo a mención onde conste a superación desta.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=