Manual do profesorado galego

115 RECURSO DE REPOSICIÓN. ARTIGO 122 E 123 Carácter Potestativo. Contra que actos? Actos administrativos que lle poñan fin á vía administrativa. Ante quen se interpón? O mesmo órgano que ditou o acto. Prazo para interpoñelo? Un mes se o acto fose expreso. Se o acto non fose expreso poderase interpoñer un recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa espe- cífica, se produzan os efectos do silencio administrativo. Prazo que ten a Administración para resolver Un (1) mes. Recursos contra a resolución do recurso de reposición Recurso contencioso administrativo que só se poderá interpoñer unha vez que se resolva o recurso ou transcorrido o prazo de resolución (1 mes) sen que a Adminis- tración ditase resolución expresa. Prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo Dous meses, se hai resolución expresa. Se a Administración non resolve e o silencio é desestimatorio, o Pleno do Tribunal Constitucional, na Sentenza do 10 de abril de 2014, estableceu que neste caso non hai prazo para interpoñer o recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa. Polo tanto, mentres a Administración non resolva, poderase presentar o recurso conten- cioso administrativo en calquera momento sen suxeición a prazo.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=