Manual do profesorado galego

114 Prazo que ten a Administración para resolver Tres (3) meses. Transcorrido este prazo sen que recaia resolución, poderase entender desestimado o recurso. Recursos contra a resolución do recurso de alzada Non caberá ningún outro recurso administrativo, salvo o recurso extraordinario de revisión. Si cabe o recurso contencioso-administrativo. Prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo Dous meses, se hai resolución expresa. Se a Administración non resolve e o silencio é desestimatorio, o Pleno do Tribunal Constitucional, na Sentenza do 10 de abril de 2014, estableceu que neste caso non hai prazo para interpoñer o recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa. Polo tanto, mentres a administración non resolva, poderase presentar o recurso con- tencioso-administrativo en calquera momento sen suxeición a prazo.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=