Manual do profesorado galego

113 Pódennos desestimar a nosa solicitude de permanencia na situación de servizo activo polo feito de estar en licenza por enfermidade ou incapacidade temporal? Si. O persoal funcionario interino pode solicitar unha prolongación da permanencia na situación de servizo activo? Si. Aplícase a Directiva europea 1999/1970. O persoal funcionario que estea en situación de servizos especiais pode solicitar a prórroga no servizo activo? Si, e continuará na situación de servizos especiais, pero a concesión da prórroga permi- tiralle reingresar no servizo activo se cesa a causa da concesión dos servizos especiais. RECURSO DE ALZADA LEI 39/2015, DO 1 DE OUTUBRO, DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS (BOE NÚM. 236, DO 2 DE OUTUBRO). ARTIGO 121 E 122 Contra que actos? •  Resolucións que non esgotan a vía administrativa •  Actos de trámite "cualificados":   a) Os que deciden directa ou indirectamente o fondo do asunto.   b) Os que determinan a imposibilidade de continuar o procedemento.   c) Os que producen indefensión.   d) Os que producen un prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos. Ante quen? O mesmo órgano que ditou o acto ou o órgano competente para resolvelo. Prazo para interpoñelo? O prazo para a interposición do recurso de alzada será dun mes, se o acto fose expreso. Se o acto non fose expreso, poderase interpoñer un recurso de alzada en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa espe- cífica, se produzan os efectos do silencio administrativo.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=