Manual do profesorado galego

112 O profesorado dos colexios rurais agrupados que se desprace a facer gardas a algunha unidade distinta da de adscrición terá dereito a percibir as axudas de custo? Si. Quen realizará o pagamento destes desprazamentos? O centro educativo, con cargo aos custos de funcionamento. Que sucede cando se transforma unha praza ordinaria en itinerante? A transformación dunha praza ordinaria en praza itinerante ou o incremento nun cin- cuenta por cento ou máis da itinerancia dará dereito ao persoal titular desta a pasar á situación de suprimido ou suprimida ou a permanecer con destino definitivo na praza. PRÓRROGA NO SERVIZO ACTIVO Unha vez que facemos 70 anos, podemos solicitar a prórroga ata rematar o curso académico? Si. Resulta de aplicación o artigo 68.5 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. A solicitude de prórroga no servizo activo cando debe solicitarse? Cunha antelación mínima de tres meses e máxima de catro meses á data na que se cumpra a idade de xubilación forzosa. Por que prazo se concederá a prolongación na permanencia no servicio activo? A prolongación no servizo activo concederase, se é o caso, por períodos dun ano, reno- vables anualmente por solicitude da persoa interesada cun prazo de antelación mínimo de tres meses e máximo de catro meses á data de remate da prolongación concedida. Temos que pasar unha revisión médica para que se nos conceda unha prórroga na situación de servizo activo? Non.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=