Manual do profesorado galego

111 O profesorado itinerante que faga desprazamentos dun centro a outro no horario lectivo do alumnado... Computará este desprazamento como horario lectivo ata o máximo que establece o apartado segundo do acordo, sen que poida efectuarse unha dobre compensación horaria lectiva semanal, é dicir, non poderá, ademais, engadir a compensación horaria establecida no acordo. De conformidade co Acordo de itinerancias do 18 de febreiro de 2008, os postos de traballo itinerantes serán de aceptación obrigatoria? Non. Serán de aceptación voluntaria. Que distancia non se poderá superar entre o centro de destino e os centros aos que o profesorado se ten que desprazar? Con carácter xeral, os 35 km. En casos excepcionais poderán superarse co acordo da correspondente xunta de persoal. Cantos son os quilómetros máximos que realizará o profesorado itinerante? 250 km semanais con carácter xeral. En casos excepcionais, poderán superarse co acordo da correspondente xunta de persoal. O profesorado itinerante terá dereito a compensación económica polos despraza- mentos? Si, cando se desprace desde o centro base a outro centro educativo ou desde un centro educativo a outro. O profesorado itinerante terá dereito a percibir os custos de locomoción só cando preste servizos en dous ou máis centros no mesmo día? Non. Terá dereito tanto que o faga no mesmo día como en día diferente. Cales son os dereitos cando preste servizos en dous centros en días diferentes? De conformidade co punto primeiro da Circular número 10/2008, “o profesorado itinerante que presta servizos en dous ou máis centros educativos, tanto que o faga no mesmo día como en día diferente, e con independencia da súa localidade de resi- dencia, terá dereito a percibir os custos de locomoción previstos no apartado sexto do acordo, polos días que traballe no centro ou centros distintos do centro base, polos quilómetros existentes desde o centro base ao centro no que se prestan servizos, computados en viaxe de ida e volta".

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=