Manual do profesorado galego

109 De conformidade co artigo 6 da Orde do 17 de xullo de 2007, que se valorará, como mínimo, no concurso de traslados? a) A experiencia docente como profesor de Relixión, de maneira preferente nos cen- tros públicos e no mesmo nivel educativo da praza á que opta. b) As titulacións académicas, de modo preferente as máis afíns polo seu contido, á ensinanza da relixión. c) Os cursos de formación e perfeccionamento que estean relacionados coa didác- tica, a organización escolar ou análogos, de modo preferente os máis afíns polo seu contido a ensinanza da relixión. Cales son requisitos esixibles para as novas contratacións de profesorado de Relixión? •  Titulación esixible, ou equivalente, no respectivo nivel educativo. •  Ser proposto pola autoridade da confesión relixiosa para impartir a devandita ensi- nanza. •  Obter a declaración de idoneidade ou certificación equivalente da confesión relixiosa obxecto da materia educativa. •  Acreditar o coñecemento da lingua galega. Que retribucións percibirá o profesorado de Relixión? As que correspondan no respectivo nivel educativo ao profesorado interino. O profesorado de Relixión ten dereito a percibir o complemento específico por fun- ción titorial e outras funcións docentes? Si. Este complemento regúlase na Orde do 17 de xullo de 2007, que no artigo 2 esta- blece que resultará de aplicación ao profesorado de Relixión. O profesorado de Relixión con contrato laboral indefinido ten dereito a que se lle conceda unha excedencia por interese particular? Si. Esta excedencia implica a perda da praza. O profesorado de Relixión poderá realizar intercambios provisionais das súas prazas? Si. A Orde do 17 de xullo de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas de persoas docente que imparte as ensinanzas reguladas na LOE é de aplica- ción ao profesorado de Relixión.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=