Manual do profesorado galego

108 Como atenderá a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Univer- sidades as novas necesidades de profesorado de Relixión? Prioritariamente, co profesorado que actualmente está prestando servizos. Caso de non ser posible, con novos nomeamentos de persoal laboral temporal ata a súa convocatoria mediante concurso de traslados. Ademais da impartición de docencia da área ou materia de Relixión, que outras fun- cións docentes pode desempeñar o profesorado de Relixión? De conformidade co artigo 4 da Orde do 17 de xuño de 2007, entre outras: – Gardas – Titorías de país e nais – Dinamización das TIC, de biblioteca, de convivencia escolar, da mellora da calidade educativa, de programas internacionais O profesorado de relixión pode resultar desprazado por falta de horario? Si. Así o establece o artigo 5 da Orde do 17 de xullo de 2007. Tamén lle resultarán de aplicación as prioridades para a obtención dun novo destino establecidas con carácter xeral para o persoal funcionario docente dos corpos regulados na LOE. Na orde do 17 de xullo de 2007, regúlase un concurso de traslados para o profesorado de Relixión? Si. No artigo 6. Poderá participar no concurso de traslados o profesorado de Relixión doutras comu- nidades autónomas? Non. O concurso de traslados será entre o profesorado de Relixión que presta ser- vizos no correspondente nivel educativo na Comunidade Autónoma de Galicia e que posúa o nivel de formación e perfeccionamento da lingua galega ou equivalente. Ademais do profesorado de Relixión con contrato laboral indefinido, poderá participar no concurso o profesorado de Relixión con contrato laboral temporal? Si. Se un profesor ou profesora de Relixión con contrato laboral temporal obtén unha praza no concurso de traslados, que sucedería co seu contrato? Pasaría a ter un contrato laboral indefinido.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=