Manual do profesorado galego

9 Podemos presentarnos para a adquisición doutra especialidade se somos persoal funcionario en prácticas? Non. Hai que ser persoal funcionario de carreira como se establece no artigo 52 citado no apartado anterior. No corpo de mestres, é preciso posuír a titulación esixida para ingresar no corpo? Non. O requisito é ser funcionario de carreira do corpo de mestres. O artigo 53.1 do Real decreto 276/2007 establece que “o persoal funcionario do corpo de mestres poderá adquirir novas especialidades, dentro do mesmo corpo, mediante a realización dunha proba”. Nos restantes corpos, é preciso posuír a titulación esixida para ingresar no corpo e especialidade? Si. O artigo 54.2 do Real decreto 276/2007, relativo á adquisición doutra especiali- dade por persoal funcionario doutros corpos, establece que “os que desexen parti- cipar nos procedementos de adquisición dunha nova especialidade deberán posuír o nivel de titulación e os demais requisitos que se esixen para o ingreso libre na devandita especialidade”. Para presentarse á adquisición doutra especialidade, é necesario estar en situación de servizo activo ou é posible presentarse desde outras situacións administrativas como excedencia voluntaria ou servizos especiais? Non é necesario estar en situación de servizo activo. No caso de encontrarse en situación de excedencia voluntaria poderemos presentar- nos na comunidade autónoma na que nos concederon a excedencia. Se estamos en comisión de servizos noutra comunidade autónoma, podemos presen- tarnos na nosa comunidade autónoma, pero non na que transitoriamente estamos prestando servizos. Convócanse todas as especialidades de todos os corpos? Non. Normalmente convócanse as especialidades que se ofertan para o ingreso libre. Existe límite de prazas neste procedemento? Depende da convocatoria. No artigo 52 do Real decreto 276/2007, establécese que nas convocatorias se poderá determinar o número de profesores que adquiran novas especialidades por este procedemento.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=