Manual do profesorado galego

106 PERSOAL COIDADOR O persoal coidador enténdese como un recurso profesional de apoio para atender o alumnado con necesidades educativas especiais. Que características debe presentar este alumnado? Algunha das seguintes: – Necesidade de ser acompañado en todos ou en parte dos seus desprazamentos. – Necesidade de asistencia na súa hixiene e aseo. – Necesidade de asistencia imprescindible na súa alimentación. – Necesidade de cambios posturais frecuentes ao longo da xornada escolar para os cales careza da autonomía necesaria. – Ausencia de hábitos básicos de autonomía e de vida en sociedade. Cales son as funcións do persoal coidador? – Atender o alumnado nas entradas e saídas do centro docente; nos hábitos de hixiene, aseo e alimentación; nos recreos, xogos e tempos de lecer; nos cambios de actividade e nas demais necesidades análogas, potenciando nel a súa autono- mía e inclusión. Esas atencións tamén se estenden ás noites no caso de alumnado internado en centros de educación especial. – Realizar os cambios e o control postural que ese alumnado necesite. – Facilitar os traslados polos espazos do centro. – Contribuír ao seu coidado durante todo o período lectivo, mesmo dentro da aula cando resulte necesario. – Colaborar na atención dese alumnado durante o tempo de recreo, xogo e/ou lecer. – De ser o caso, atender o alumnado durante o servizo de comedor, así como no tempo inmediatamente anterior e posterior a ese servizo. – Nos casos excepcionais en que sexa necesario, acompañar na ruta escolar o alum- nado que requira da presenza do persoal auxiliar coidador. – Colaborar nas actividades complementarias en que participe a alumna ou alumno. – Participar, logo da debida convocatoria, nas reunións en que se aborden temas rela- cionados co alumnado que atende, colaborando nas liñas de coordinación estableci- das polos equipos docentes que correspondan e polo departamento de orientación. – Calquera outra de análogo contido ou que teña relación coas funcións anteriores. Cal é a ratio máxima de persoal auxiliar coidador e alumnado con necesidades edu- cativas especiais? A ratio non excederá de 1/6, tendo en conta as necesidades de atención do alumnado.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=