Manual do profesorado galego

105 A pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para cargo público nunha sentenza xudicial implica a perda da condición de persoal funcionario? Si, sempre que a sentenza sexa firme. No caso de inhabilitación absoluta, produce a pérda da condición de persoal funcio- nario respecto de todos os empregos ou cargos desempeñados. Para o suposto de inhabilitación especial, só se produce a perda respecto dos empre- gos ou cargos especificados na sentenza. PERMUTAS Se unha persoa ten 10 anos de servizos como persoal funcionario de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia e outra 4 anos de servizos como persoal funciona- rio de carreira e 2 como persoal funcionario interino da Comunidade Autónoma de Galicia, poderían permutar? Si. Aínda que o artigo 99 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia establece como un dos requisito para a concesión da permuta que se prestase un mínimo de cinco anos de servizos efectivos como persoal funcionario de carreira, en aplicación da Directiva europea 1999/1970 computariamos os dous anos de servizo como persoal funcionario interino. Poderían permutar unha persoa do corpo de catedráticos e unha persoa do corpo de profesores de ensino secundario? Si, porque no sistema de provisión mediante concurso de traslados concorren ás mesmas prazas. Na disposición adicional sexta do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, establécese como unha das condicións “que ambos os destinos sexan de igual natureza e correspondan a idéntica forma de provisión”. Se acabo de permutar, podo participar no concurso xeral de traslados? Non. Deberá permanecer no posto obtido por permuta un mínimo de dous anos para poder participar no concurso.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=