Manual do profesorado galego

104 O alumnado de educación primaria pode ser elixido membro do consello escolar? Non. O alumnado poderá ser elixido membro do consello escolar a partir do primeiro curso da educación secundaria obrigatoria. PERDA DA CONDICIÓN DE PERSOAL FUNCIONARIO Cales son as causas de perda da condición de persoal funcionario? a) A renuncia á condición de persoal funcionario b) A perda da nacionalidade c) A xubilación total d) A sanción disciplinaria firme de separación do servizo e) A pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para cargo público que seca firme f) O falecemento A renuncia expresa é unha das causas da perda da condición de persoal funcionario. Inhabilita para novo ingreso? A renuncia non inhabilita para un novo ingreso, de modo que poderemos volver a opositar ao mesmo corpo e especialidade á que renunciamos. Ten algún sentido presentar unha renuncia á condición de persoal funcionario? Unicamente cando non reunamos o requisito para solicitar unha excedencia volunta- ria por interese particular. Neste caso si, posto que, se temos outra dedicación profesional que non é compati- ble co exercicio da docencia e non damos clase, podería considerarse abandono do servizo. O abandono do servizo é unha falta moi grave que pode ser sancionada coa separa- ción do servizo. Esta sanción implica a imposibilidade para o acceso á función pública cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do que a persoa foi separada. A perda da nacionalidade española implica a perda da condición de persoal funcionario? Só se non se obtén outra nacionalidade que permita o acceso ao emprego público en España.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=