Manual do profesorado galego

103 Nas eleccións ao consello escolar, son electores e elixibles os pais de alumnos maio- res de idade? Si. Os pais representan o sector pais no consello escolar. Polo tanto, non son repre- sentantes dos seus fillos. Que repercusión ten na composición do consello escolar a variación do número de unidades do centro? Non ten ningunha repercusión ata que proceda a renovación parcial do consello escolar. As persoas membros natos do consello escolar poden ser, á súa vez, persoas mem- bros electos? Non. O profesorado en comisión de servizos en que centro é elector e elixible? No centro no que imparten docencia. É posible realizar eleccións parciais ao consello escolar? Non. As baixas no consello escolar que non poidan proverse cubriranse no momento no que proceda a renovación parcial deste. Pode rexeitarse a dimisión dunha persoa membro do consello escolar? Non. A renuncia deberá formularse de forma expresa. A presidencia do consello escolar limitarase a aceptala por escrito e a informar as restantes persoas membros do consello. Cando corresponda unha única persoa representante dos pais no consello escolar, como será nomeada? Por elección, e non por proposta da asociación de nais e pais de alumnos. O profesorado representante no consello escolar que sexa nomeado director, xefe de estudos ou secretario manterá a representación no consello? Non. Non se pode ser membro nato do consello escolar e, á súa vez, membro electo. Un profesor ou profesora representante do claustro no consello escolar que resulte desprazado/a por falta de horario recuperaría a condición de membro do consello no curso académico seguinte se imparte docencia no seu centro de destino definitivo? Non. Unha vez perdida a representación, xa non se recupera, con independencia de que a vacante se cubrise ou non.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=