Manual do profesorado galego

102 É obrigatoria a asistencia ás sesións dos órganos de coordinación docente? Si, polo que as ausencias terán o carácter de horas lectivas para os efectos de faltas de asistencia e permisos. Que número de persoas membros do consello escolar ou do claustro de profesorado deben solicitar unha reunión para que a petición sexa vinculante para a presidencia? Un terzo, polo menos. Neste caso, a presidencia convocará no prazo máximo de 20 días e a sesión realizarase no prazo máximo dun mes desde a petición. Quen fixa a orde do día do claustro de profesorado e do consello escolar? A presidencia do órgano, é dicir, a dirección do centro, tendo en conta, se é o caso, as peticións das demais persoas membros realizadas coa debida antelación. Que quórum é necesario en primeira convocatoria do claustro ou do consello escolar? É necesaria a asistencia das persoas que exerzan a presidencia e a secretaría ou, se é o caso, das que as substitúan, e a metade, polo menos, das persoas membros destes órganos colexiados. Se non se produce quorum na primeira convocatoria, cal sería o quorum para consti- tuirse validamente en segunda convocatoria? En segunda convocatoria será suficiente a asistencia da terceira parte das persoas membros e, en todo caso, nun número non inferior a tres, sen prexuízo da presenza da persoa que exerza a presidencia e a secretaría ou persoas que as substitúan. Con que maioría deben adoptarse os acordos do claustro de profesores? Os acordos adoptaranse por maioría de votos. A consellería competente en materia de educación poderá establecer unha maioría cualificada en determinados supostos. Con que maioría deben adoptarse os acordos do consello escolar? Preferiblemente, por consenso. Para os casos en que non haxa consenso, por maioría de votos. A consellería competente en materia de educación poderá determinar a necesidade de aprobación por maioría cualificada daquelas decisións con especial incidencia na comunidade educativa. A presidencia ten voto de calidade? Si. No caso de igual número de votos positivos que negativos, dirime o voto da pre- sidencia.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=