Manual do profesorado galego

100 ÓRGANOS COLEXIADOS LEI 40/2015, DO 1 DE OUTUBRO, DE RÉXIME XURÍDICO DO SECTOR PÚBLICO (BOE NÚM. 236, DO 2 DE OUTUBRO) Pódese incorporar algún punto á orde do día dunha convocatoria se todas as persoas presentes están de acordo? Non poderá ser obxecto de deliberación ou acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día, salvo que asistan todos os membros do órgano colexiado e sexa declarada a urxencia do asunto polo voto favorable da maioría de conformidade co artigo 17.4 da Lei 40/2015, do 1 de outubro. O órgano colexiado pode constituírse a distancia? Si, o artigo 17 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, establece que todos os órganos colexiados se poderán constituír, convocar, levar a cabo as súas sesións, adoptar acordos e remitir actas tanto de forma presencial como a distancia, salvo que o seu regulamento interno recolla expresa e excepcionalmente o contrario Cales son os medios electrónicos válidos para realizar unha sesión a distancia? A lei establece que, entre outros, se considerarán incluídos entre os medios elec- trónicos válidos o correo electrónico, as audioconferencias e as videoconferencias. Os membros do consello ou do claustro que voten en contra ou se absteñan quedan exentos da posible responsabilidade derivada dos acordos? Cando os membros do órgano voten en contra ou se absteñan, quedarán exentos da responsabilidade que, de ser o caso, poida derivar dos acordos. Como debe expedir a certificación dos acordos a persoa que ocupe a secretaría do órgano colexiado? A certificación será expedida por medios electrónicos, salvo que a persoa interesada manifeste expresamente o contrario e non teña obriga de relacionarse coas adminis- tracións por esta vía. Con carácter xeral (salvo obriga expresa), as persoas físicas non están obrigadas a relacionarse electronicamente coa Administración. Pola contra, están obrigadas: a) As persoas xurídicas. b) As entidades sen personalidade xurídica. c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obriga- toria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=