Manual do profesorado galego

98 O persoal funcionario docente ten dereito a ausentarse do seu posto de traballo para a asistencia a consultas e revisións médicas? Si, polo tempo indispensable, e sempre que as revisións médicas deban realizarse durante a xornada laboral e estean incluídas na carteira de servizos do sistema sani- tario público, incluído o réxime especial de funcionarios públicos. O persoal funcionario docente ten dereito a ausentarse do seu posto de traballo por causa de enfermidade ou accidente que non dea lugar a unha situación de incapacidade temporal? Si. Achegarase a xustificación documental que se relaciona no anexo VI da Orde do 24 de febreiro de 2016. Enténdese, para estes efectos, que non dan lugar á incapacidade temporal as ausen- cias do posto de traballo que por enfermidade ou accidente non superan os tres días. O persoal funcionario docente ten dereito a un permiso para o acompañamento ás revisións ou consultas médicas, aos tratamentos de quimioterapia e radioterapia e ás intervencións médicas invasivas? Si, enténdese como un deber inescusable de carácter público ou persoal, e para acompañar: – As fillas e fillos con discapacidade – As fillas e fillos menores de idade – As persoas maiores ao seu cargo E para acompañar as fillas e fillos maiores de idade, ou cónxuxe ou parella de feito? Si, se se acredita que necesitan acompañamento. O persoal funcionario docente ten dereito a permiso por asuntos particulares sen xustificación? Si. Ata catro días como máximo por curso académico, atendendo sempre ás necesi- dades do servizo, dos cales dous poderán ser en días lectivos. Hai un permiso para a asistencia a actividades de formación do profesorado organi- zadas polos servizos centrais da consellería? Si. A admisión a estas actividades implica o permiso para asistir a elas. No suposto de que o persoal funcionario docente colla unha baixa por incapacidade tem- poral no mes de agosto, considerarase que estivo de vacacións durante o mes de xullo? Si, agás que xustifique que estivo prestando servizos.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=