Manual do profesorado galego

8 Que recurso podo interpoñer? A lei establece a posibilidade de interpoñer unha reclamación ante o/a Valedor/a do Pobo no prazo dun (1) mes desde a notificación da resolución (*agás as ditadas polo Parlamento de Galicia, Consello Consultivo, Valedor do Pobo, Consello de Contas, Consello Económico e Social, Consello Galego de Relacións Laborais e Consello da Cultura Galega en relación coas súas actividades suxeitas a dereito administrativo e, en todo caso, respecto dos seus actos en materia de persoal e contratación nas que só cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo). •  Recurso contencioso-administrativo É información pública a documentación que figure en poder dos tribunais de selección de persoal docente? Os tribunais de selección son órganos administrativos de carácter técnico ao ser- vizo da Administración, de xeito que a documentación que elaborasen é información pública. Pódense considerar os modelos de corrección dos tribunais de selección como docu- mentos de traballo interno para xustificar unha posible inadmisión da solicitude de información pública? Non, dado que son documentos de interese público, xa que se empregan para a selección do persoal empregado público docente. A finalidade da lei é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública some- tendo as decisións adoptadas ao escrutinio público para acreditar un exercicio obxec- tivo e ponderado. ADQUISICIÓN DOUTRA ESPECIALIDADE DENTRO DO MESMO CORPO Podemos presentarnos para a adquisición doutra especialidade noutra comunidade autónoma distinta á que pertencemos? Non. O artigo 52 do Real decreto 276/2007 establece que “as administracións edu- cativas determinarán, mediante as oportunas convocatorias, as especialidades que poidan adquirirse a través dos procedementos establecidos neste título. A estas convocatorias poderán concorrer unicamente funcionarios de carreira directamente dependentes da Administración educativa convocante”.

RkJQdWJsaXNoZXIy ODE4NjI=